Tres victorias no grupo A do torneo. Anand cazou a dama de Ponomariov, que foi de excursión e non foi capaza de regresar a casa. Grischuk sacrificou unha peza contra Nakamura tentando atrapar ai rei do americano que andaba polo centro, pero non foi quen de conseguilo e quedou con un final perdido. Smeets gañou a Shirov, que tentou incendiar o taboleiro outra vez, pero desta queimouse el. No encontro máis esperado Carlsen e Aronian fixeron táboas, nunha partida que acabou porque Aronian decidiu repetir posicións en medio de ataques reciprocos. Nos grupos B e C decidíronse catro das sete partidas, e temos catro líderes en cada un deles.
Mañá a rolda 2, na que temos un Anand - Kramnik que levanos de volta ao último campionato mundial. Shirov - Carlsen tamén pode ser unha partida moi interesante se Shirov sae cas mesmas intencións de hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario