domingo, 15 de abril de 2012

- IV Torneo Iberoamericano. Bo comezo de Salgado

O GM Iván Salgado derrotou ao GM chileno Morovic na primera partida da fase de grupos do torneo. Salgado superou a defensa siciliana de Morovic montando un ataque contra o rei do chileno que acabou dándolle material decisivo. No resto de grupos destaca a importante vitoria de Bruzón sobre Felgaer, a de Granda sobre Barrientos e a de De la Riva sobre Zambrana. A información oficial é lamentable, con unha web moi mala e cos resultados en ChessResults sen completar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario