Salgado en Ecuador - Foto da web oficial |
O GM galego Iván Salgado, tras gañar na derradeira rolda ao GM peruano Julio Granda, proclamouse campión do IV Torneo Iberoamericano, que xogouse en Ecuador. Na segunda praza quedou Granda, e na terceira praza o GM Milos. Salgado non perdeu partida en todo o torneo e é o primeiro español en gañar este título. O gañador do ano pasado, o cubano Bruzón, desta ocasión foi cuarto.
Salgado gañou nunha apertura española pechada con as pezas brancas, montando un bo ataque contra o rei rival. Pódese ver a partida no visor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario