luns, 9 de xuño de 2014

Norway Chess 2014 (R6) A falta de tres partidas sete xogadores en medio punto

Xornada movida no Norway Chess que estase a xogar en Stavanger, onde entrouse con un lider e saiuse con tres.
No encontro Aronian - Giri o holandés conseguiu chegar a un final con peón de máis, pero a presenza de bispos de diferente cor e con todos os peóns no mesmo flanco a partida rematou en táboas axiña. No encontro entre rusos da rolda, Grischuk - Svidler, en canto chegouse a unha posición de medio xogo igualada repetiron posición, aínda que parece que pouca cousa poderían facer para romper o empate.
Carlsen con negras xogou a defensa berlinesa contra Karjakin e rápidamente chegaron a unha posición morta na que firmaron táboas. O outro noruegués do torneo, Agdestein, segue a ser a sorpresa do mesmo. Hoxe contra o exlíder Caruana non pasou apuros e empatou, mantendo o seu +1.
A partida do día foi o encontro entre Topalov e Kramnik, que seguen sen levarse nin un pouco ben. Nela o ruso, líder do torneo, sacrificou torre por cabalo e peón na apertura obtendo suficiente contraxogo, pero perdeu o fío da partida e quedou peor e logo con un error táctico rematou por quedar perdido. Todo isto pasou nos apuros de tempo onde comezou un festival de malas xogadas por parte dos dous xogadores onde Kramnik cometeu o derradeiro erro e perdeu.
A falta de tres roldas Kramnik, Caruana e Carlsen empatan na cabeza con 3,5 puntos. Tras deles con 3 puntos Giri, Karjakin, Agdestein e Grischuk. Sete xogadores con todas as opcións para gañar o torneo.

domingo, 8 de xuño de 2014

Norway Chess 2014 (R5) Kramnik vence a Caruana e ponse líder

O ruso Vladimir Kramnik derrotou ao hasta agora líder da proba, o italiano Fabiano Caruana, sumando así 3,5 puntos polos 3 do italiano, e acada a primeira praza da táboa no No Logo Norway Chess 2014. O ruso chegou a un final de torres con peón de vantaxe que o italiano non quixo xogar ata o final e abandonou.
Tamén acadou a vitoria na rolda Anish Giri diante de Topalov, que tiña vantaxe decisiva pero fixo unha xogada perdedora con todo a favor. Táboas entre rusos no Svidler - Karjakin, nunha partida sempre equilibrada.
Finalmente tamén primeira vitoria do torneo para o campión do mundo Carlsen, diante de Aronian, nunha partida na que estivo peor pero que o armenio acabou por estragar a súa posición.

venres, 6 de xuño de 2014

Norway Chess 2014 (R3) Caruana líder en solitario

Tras xogarse tres roldas o italiano Caruana vai líder do torneo tras gañar dúas partidas e empatar outra. Tras del están dous xogadores rusos, Grischuek e Kramnik, con dous puntos.

mércores, 4 de xuño de 2014

Norway Chess 2014 (R1) Unha única vitoria por parte de Caruana

Na primeira rolda do torneo No Logo Norway Chess todas as partidas remataron en táboas salvo a vitoria de Caruana ante Grischuk nun "blunder" do ruso. Os xogos foron moi disputadas e non houbo empates sen loita. Caruana é o primeiro líder cara á segunda rolda deste torneo que se está a xogar en Stavanger, Noruega.

luns, 2 de xuño de 2014

Carlsen gaña o torneo de rápidas do Norway Chess 2014

En Noruega vai ter lugar estes días un dos torneos máis fortes do ano, o No Logo Norway Chess 2014. O de No Logo é porque a lei noruega non permite anunciar a Unibet, que é quen pon os cartos para o torneo (iso si o poder facer, o de poñer os cartos) Nove roldas dun torneo que comeza mañá e remata o día 13, e con unha media de ELO de 2774, rebaixada pola inclusión dun segundo noruego, o GM Agdestein que "soamente" ten 2628.
Como previa disputouse un torneo de rápidas onde o campión mundial Magnus Carlsen gañou con autoridade, facendo 7,5 puntos sobre 9. Na segunda praza quedou o número dous do mundo, Levon Aronian, que con 6,5 fixo tamén un gran torneo. Terceira praza compartida para dous rusos, Karjakin e Grischuk, que empataron con 5,5 puntos. A clasificación final foi a seguinte:
1º Carlsen: 7,5
2º Aronian: 6,5
3º Grischuk e Karjakin: 5,5
5º Svidler: 5
6º Giri: 4,5
7º Caruana e Krmanik: 4
9º Topalov: 2
10º Agdestein: 1,5

mércores, 21 de maio de 2014

Gata Kamsky campión U.S.A.

Tras gañar o desempate o ex-soviético Gata Kamsky levouse o campionato dos Estados Unidos, vencendo a o ex-armenio Varuzhan Akobian. Eles dous xunto ao ex-ruso Aleksandr Lenderman chegaron empatados a sete puntos ao final do torneo que tivo lugar en Saint Louis, gañando Akobian a Lenderman na primeira rolda de desempate para xogar polo título contra Kamsky. É o sétimo titulo do tártaro.

martes, 20 de maio de 2014

A FEGA publica a información do Circuito Galego 2014

Cinco torneos forma parte este ano do XXVII Circuito Galego. Sanxenxo, Ourense, Ferrol, Cambados e Mondariz serán os lugaresmonde terán lugar os torneos open. Hai premios para os cinco primeiros da clasificación combinada, que implica xogar tres torneos: 300 € para o primeiro e logo van baixando de 50 en 50 ata os 150 € que levará o quinto clasificado.

luns, 19 de maio de 2014

O filipino So gaña o Memorial Capablanca 2014

O filipino Weslie So gañou imbatido o Memorial Capablanca 2014 sumando 6, 5 puntos, un máis que o segundo clasificado o cubano Bruzón. A terceira praza foi para o GM Domínguez. Tras eles completaron o cadro Almasi, Vallejo e Ivanchuk.

xoves, 1 de maio de 2014

Lista ELO FIDE de maio 2014

A nova lista deixa a Magnus Carlsen gañando un punto que sube o seu record a 2882. O máis chamativo é a caída de Kramnik ata o sexto posto, aínda que foi máis pola subida de Anand, Caruana e a sorprendente de Grischuk, que agora é o terceiro do mundo con 2792 tras gañar 15 puntos. A destacar tamén a chegada ao TOP10 do cubano Lenier Domínguez e a recuperación de Vallejo dos 2700.

A FIDE non recibe ofertas para organizar o mundial Carlsen - Anand

Unha realidade triste, pero é o que hai.