O ruso Vladimir Kramnik derrotou ao hasta agora líder da proba, o italiano Fabiano Caruana, sumando así 3,5 puntos polos 3 do italiano, e acada a primeira praza da táboa no No Logo Norway Chess 2014. O ruso chegou a un final de torres con peón de vantaxe que o italiano non quixo xogar ata o final e abandonou.
Tamén acadou a vitoria na rolda Anish Giri diante de Topalov, que tiña vantaxe decisiva pero fixo unha xogada perdedora con todo a favor. Táboas entre rusos no Svidler - Karjakin, nunha partida sempre equilibrada.
Finalmente tamén primeira vitoria do torneo para o campión do mundo Carlsen, diante de Aronian, nunha partida na que estivo peor pero que o armenio acabou por estragar a súa posición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario