Xornada movida no Norway Chess que estase a xogar en Stavanger, onde entrouse con un lider e saiuse con tres.
No encontro Aronian - Giri o holandés conseguiu chegar a un final con peón de máis, pero a presenza de bispos de diferente cor e con todos os peóns no mesmo flanco a partida rematou en táboas axiña. No encontro entre rusos da rolda, Grischuk - Svidler, en canto chegouse a unha posición de medio xogo igualada repetiron posición, aínda que parece que pouca cousa poderían facer para romper o empate.
Carlsen con negras xogou a defensa berlinesa contra Karjakin e rápidamente chegaron a unha posición morta na que firmaron táboas. O outro noruegués do torneo, Agdestein, segue a ser a sorpresa do mesmo. Hoxe contra o exlíder Caruana non pasou apuros e empatou, mantendo o seu +1.
A partida do día foi o encontro entre Topalov e Kramnik, que seguen sen levarse nin un pouco ben. Nela o ruso, líder do torneo, sacrificou torre por cabalo e peón na apertura obtendo suficiente contraxogo, pero perdeu o fío da partida e quedou peor e logo con un error táctico rematou por quedar perdido. Todo isto pasou nos apuros de tempo onde comezou un festival de malas xogadas por parte dos dous xogadores onde Kramnik cometeu o derradeiro erro e perdeu.
A falta de tres roldas Kramnik, Caruana e Carlsen empatan na cabeza con 3,5 puntos. Tras deles con 3 puntos Giri, Karjakin, Agdestein e Grischuk. Sete xogadores con todas as opcións para gañar o torneo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario