Iván Salgado en Dubai |
Na capital dos Emiratos Árabes Unidos, Dubai, está a ter lugar o Campionato Mundial 2014 de partidas rápidas. Toman parte nel 112 xogadores con Carlsen, Aronian e Nakamura como máximos favoritos, aínda que Grischuk, Caruana, Anand, e Karjakin tamén poderían ser os gañadores sen que fose unha sorpresa. Por parte de España participan Vallejo, Salgado e Antón Guijarro.
Tras dúas xornadas de xogo nas que xogáronse cinco partidas diarias, o actual campión mundial Magnus Carlsen sumou oito dos dez puntos posibles e vai líder do torneo. Na segunda praza está Levon Aronian, a medio punto de Carlsen. Na terceira praza empatan con sete puntos varios xogadores: Caruana, Nepomniachtchi, Grischuk, Anand, Svidler, Tomashevsky e Yangyi Yu. Dos españois o mellor é Vallejo con seis puntos, Salgado ten cinco e medio e Guijarro cinco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario