venres, 20 de setembro de 2013

Yifan Hou recupera o título mundial feminino

A chinesa Yifan Hou pasou por riba da actual campiona Anna Ushenina nun match pactado a 12 partidas pero que rematou na sétima con un marcador de 5,5 - 1,5. A ucraniana gañara o título na última Copa do Mundo, e tiña que defendelo nun match ante a excampiona. A competición foi gañada doadamente por Hou que foi moi superior en todo momento.

mércores, 18 de setembro de 2013

luns, 9 de setembro de 2013

O GM Iván Salgado gaña o campionato de España

Tras gañar varias categorías inferiores fai anos, desta vez Iván Salgado levouso o Campionato Absoluto de España, que xogouse en Linares. Con 7,5 puntos sacoulle medio ao GM Illescas e un punto a un grupo no que quedaron empatados Arizmendo, Korneev e Antón.

Kramnik gaña a Copa do MUndo en Noruega

Sen moitos atrancos Vladimir Kramnik venceu na final a Andreikin, e levouse a Copa do MUndo 2013 que tivo lugar en Tromso, Noruega.

mércores, 14 de agosto de 2013

Copa do Mundo 2013 (R1) Sen sorpresas nas primeiras eliminatorias

A sala de xogo - Foto da web oficial
Nun torneo tipo copa destes que fai a FIDE, con dúas partidas e logo desempate en cada rolda, un pequeno erro pode deixar fóra a calquera ás primeiras de cambio. Nesta ocasión hai que baixar ata o taboleiro 24 para ver ao primeiro xogador con máis elo que o rival que non pasou a eliminatoria.
Dos de moi arriba soamente Kamsky tivo que desempatar. A campiona mundial Ushenina deu moito traballo a Svidler, que tivo que chegar ata o segundo desempate para eliminala, e o mesmo pasoulle a Shirov diante da excampiona Yifan Hou. Vallejo pasou sen atrancos gañando as dúas partidas ao arxentino Diego Flores. O veterán Beliavsky, da xeneración de Karpov, tamén pasou.

domingo, 11 de agosto de 2013

Comeza a Copa do Mundo 2013 en Noruega

Sen Carlsen e Anand pero con a maioría das estrelas do momneto. Na localidade de Tromso compiten 128 xogadores entre os que está o español Vallejo.
Web oficial.

venres, 28 de xuño de 2013

Humpy Koneru gaña a proba do Grand Prix 2013 disputada en Dilijan

A xogadora india Humpy Koneru con 8 puntos foi a gañadora do torneo xogado en Dilijan (Armenia), correspondente ao ciclo do Grand Prix. Tras dela con 7 puntos quedaron Anna Muzychuk e Nana Dzagnidze.

domingo, 23 de xuño de 2013

Memorial Tal 2013 (Final) Gelfand gaña por diante de Carlsen e Andreikin

O máis veterán do torneo, o israelí Gelfand, gañou o 8º Memorial Tal con medio punto máis que Magnus Carlsen e un máis que Andreikin, Mamedyarov e Caruana. Na derradeira posición atopamos a Kramnik, e hai que facer un gran esforzo para atopar ao ruso pechando unha táboa.

martes, 18 de xuño de 2013

Memorial Tal 2013 (R5) Gelfand e Nakamura na cabeza

Dous xogadores, Boris Gelfand e Hiraku Nakamura, lideran a proba con 3,5 puntos. Tras deles están Carlsen e Mamedyarov con 3. Pechan a táboa dous rusos, Morozevich e Kramnik, que levan 1,5.

domingo, 16 de xuño de 2013

A Copa do Mundo 2013 xa ten funcionando a páxina oficial

Por unha vez non haberá que viaxar a Siberia para xogar unha competición da FIDE. A localidade norueguesa de Tromso, que está no Círculo Polar Ártico e ten 71000 habitantes, será onde se organice a Copa do Mundo 2013, da que sairán xogadores para o ciclo polo Campionato Mundial. A participación non vai ter, polo momento, ausencias dos mellores do mundo, e poderemos ver en acción aos mellores GM do momento.
O formato é de copa, e participarán 128 xogadores.