xoves, 30 de xaneiro de 2014

Zurich 2014 (R1) Carlsen e Aronian comezan gañando

A primeira partida de torneo de Magnus Carlsen tras proclamarse campión mundial foi un exemplo máis do seu estilo de xogo. Nunha partida igualada comezou a acadar pequenas vantaxes ante Gelfand, que non puido ca presión do xogo e do reloxo, e acabou perdendo por tempo vendo como a súa posición facía auga por todas partes.
O subcampión non tivo a mesma sorte. Anand perdeu con Aronian nunha partida na que pronto quedou moito peor. Nakamura non foi quen de impoñer o seu peón de vantaxe a Cauana e a partida rematou en táboas.

mércores, 29 de xaneiro de 2014

Open de Gibraltar 2014

Estase a xogar o Open de Gibraltar un ano máis, con moitos titulados. Na parte máis alta da orde de forza Adams, Vachier-Lagrave, Ivanchuk, Vitiugov, Eljanov e Tomashevsky. Este ano participan unha chea de españois, con Francisco Vallejo, Iván Salgado e David Antón cos Elos máis altos.

Comeza en Zurich o torneo máis forte da historia

Seis xogadores tomarán parte en Suiza no torneo máis forte da historia por Elo, con unha media de 2801 puntos. Carlsen, Aronian, Nakamura, Caruana, Gelfand e Anand xogarán un pechado de tan só cinco roldas do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro, onde a puntuación será 2, 1 e 0. No día 4 xogarán un torneo de rápidas que tamén conta para a puntuación final do torneo, sumando a metade por partida que no normal.
É o primeiro torneo do novo campión mundial dende que obtivo a coroa e tendrá un reto importante tras ver o xogo de Aronian en Holanda fai uns días.

luns, 27 de xaneiro de 2014

Aronian gaña o Tata Steel Chess 2014

O clásico de Wijk Aan Zee foi nesta edición para o armenio Levon Aronian, que deuse un agradable paseo por Holanda e gañou o torneo sumando 8 puntos, un e medio máis que o segundo a pesares de perder a derradeira partida. A segunda praza foi para o holandés Anish Giri e a terceira para o ruso Sergei Karjakin. A decepción foi Nakamura que con 5 puntos non deu batalla ao gañador.

domingo, 19 de xaneiro de 2014

Wijk Aan Zee 2014 (R6) Aronian lider con 5 de 6

Estase a xogar o Tata Steel Chess de 2014. O número 2 do mundo, o armenio Aronian, domina o torneo con +4 =1 -0, e ten un punto de vantaxe sobre o local Giri e o ruso Karjakin, que levan catro puntos. Pachan a táboa o israelí Gelfand con 1,5 e o alemán Naiditsch con 1.

sábado, 11 de xaneiro de 2014

Pasamento do GM Gashimov

O GM azerí Vugar Gashimov faleceu aos 27 anos dun tumor cerebral. Gashimov foi un habitual da selección do seu país gañando varias medallas en competicións internacionais.

xoves, 2 de xaneiro de 2014

Dúas pratas para España nos Mudiais xuvenís

Irene Nicolás no Sub-16 feminino e David Antón no Sub-18 absoluto acadaron a segunda praza nos mundiais de categorías inferiores que tiveron lugar nos E.A.U. no mes de Nadal.

Lista FIDE Xaneiro 2014

O novo ano non trae moitos cambios. Carlsen segue moi distanciado do segundo, Aronian, ao que segue Nakamura, que superou a Kramnik neste mes. Topalov segue quinto e Caruana e Grischuk cambian postos, quedando o italiano na sexta praza. O primeiro español segue a ser Vallejo, no posto 43 da lista mundial.

luns, 23 de decembro de 2013

A FIDE anuncia o Torneo de Candidatos 2014

O aspirante ao título de Magnus Carlsen sairá dun encontro que vaise xogar en Siberia en marzo de 2014, entre Anand, Kramnik, Andreikin, Topalov, Mamedyarov, Aronian, Karjakin e Svidler. O gañador xogará con Carlsen a finais do 2014.

martes, 17 de decembro de 2013

LXV Torneo de Navidad de Artesanos

Datas de celebración: Sábado 21 e Domingo 22 de nadal de 2013.
 
Vai en parte coincidir coa celebración dos Torneos Provinciais nas categorías sub18 e sub14
 
Sistema suízo a cinco roldas.
 
Ritmo de xogo: 40 minutos con incremento de 10 segundos por xogada. En caso de non ter reloxos dixitais suficientes (pola celebración simultánea dos devanditos torneos provinciais) o ritmo cambiará a 60 minutos finish.
 
Participantes: Tódolos interesados.
 
Cota de Inscrición: 4 euros (gratuito para socios de Artesanos e de Palaestra)
 
Xeito de Inscrición: Mediante correo electrónico (asociacion@palaestra.net) ou no teléfono 981 150 168.