xoves, 31 de decembro de 2015

Magnus Carlsen gañou o Open de Qatar

O campión mundial rematou o Open de Qatar 2015 sumando 7 de 9 puntos, empatado co chinés Yangyi Yu. No desempate a blitz Carlsen gañou 2-0.
Tras deles empataron a 6,5 puntos un grupo de cinco xogadores: os rusos Kramnik, Karjakin e Sjugirov, o chinés Hua NI e o ucraniano Ivanchuk.

martes, 22 de decembro de 2015

Ivan Popov (Rusia) campión europeo de rápidas 2016

Tras finalizar con 10 puntos e imbatido nas once roldas do torneo o GM Popov proclamouse en Minsk novo campión de Europa 2016 de xadrez rápido. Tras del, a medio punto, rematou o GM armenio Melkumian que levou en solitario a segunda praza. Oito xogadores empataron con 9 puntos a continuación, favorecendo o desempate ao ucraniano Vadim Razin, xogador sen título.

luns, 21 de decembro de 2015

O azerí Mamedov campión europeo de blitz 2015

O Campionato de Europa de Blitz foi gañado polo GM Rauf Mamedov, que rematou a competición con 18 puntos dos 22 posibles (11 roldas a dúas partidas) Cos mesmos puntos quedou o ruso Boris Savchenko, pero con peor desempate. Outros dous rusos quedaron a continuación con 17 puntos, pero por desempate a terceira prza foi para Riazantsev e a cuarta para Bocharov.
Web oficial.

venres, 18 de decembro de 2015

Lista provisional de grupos para a Liga 2016

A FEGA publicou un listado provisional de grupos para disputar a seguinte liga. Pódese ver no seguinte enlace.

luns, 14 de decembro de 2015

Campionato de Europa 2015 Blitz e Rápido

Do 17 ao 20 de decembro unha chea de GM europeos van tratar de gañar en Minsk a coroa de campión de rápidas e de blitz. Ningún español tivo o valor de apuntarse.

Carlsen gaña o Torneo de Londres

A sala de xogo - Web oficial.
O London Chess Classic rematou con tres xogadores empatados na cabeza a 5,5 puntos: Magnus Carlsen, Anish Giri e Maxime Vachier-Lagrave. As normas do torneo especificaban que habería que desempatar a rápidas se isto pasaba e iso foi o que fixeron. No primeiro match entre o 3º e 2º por Sonnen o francés gañou ao holandés no Armageddon, o que o levou a disputar a vitoria final contra o campión do mundo. Carlsen gañou con brancas e tras empatar con negras adxudicouse o primeiro premio.
Tras os tres da cabeza rematou Aronian a medio punto. Caruana, Adams e Grischuk fixeron 4,5 por 4 de Nakamura. Pecharon dous excampións mundiais: Anand con 3,5 puntos e Topalov que con 2,5 sobre 9 quedou na derradeira posición.

luns, 27 de abril de 2015

O match de exhibición entre Karparov e Short remata 8,5 - 1,5

O excampión mundial Gary Karparov demostrou estar en moi boa forma todavía, tras pasar por riba de Nigel Short nun match de rápidas e blitz xogano en San Luis (USA), onde o inglés soamente foi quen de facer tres táboas.

domingo, 26 de abril de 2015

Carlsen gaña o Torneo de Shamkir 2015 Memorial Gashimov

O campión do mundo Magnus Carlsen tivo unha actuación estelar no Memorial Gashimov, que tivo lugar na cidade de Shamkir en Azerbaijan. Rematou o torneo facendo sete (+5 =4 -0) dos nove puntos en xogo nun torneo onde a media de elo era 2773. Na segunda praza quedou Anand, a un punto do gañador (+3 =6 -0),  e na terceira empataron a cinco puntos Caruana (+2 =6 -1) e Wesley So (+3 =4 -2).
Tras deles quedaron Kramnik e Mamedyarov con catro puntos, e con tres e medio empataron o resto de participantes: Adams, Giri, Vachier-Lagrave e Mamedov.

domingo, 8 de marzo de 2015

Campionato de Europa 2015 (Final) O ruso Evgenyi Najer gañador en solitario

O GM ruso Najer foi o gañador do campionato europeo que tivo lugar en Xerusalén, sumando 8,5 puntos en 11 partidas. Tras del na segunda praza quedou o checo Navara con 8 puntos, os mesmos que o polaco Bartel e o ruso Khismatullin, pero polo desempate a orde foi esa.
Vallejo partía do posto 6 no ranking e rematou no 56. Non foi moito mellor a actuación de Salgado, que do 43 acabou no 105.

xoves, 26 de febreiro de 2015

Campionato de Europa 2015 (R3) Quedan cinco xogadores con tres de tres

Cinco xogadores todavía co 100% dos puntos ocupan o grupo de cabeza en Xerusalén. Mañá ocuparán as primeiras mesas, e soamente queda Navara dos dez primeiros cabezas de serie. Dos españois Salgado gañou a súa partida e ten 2,5 puntos. Vallejo empatou e ten 2.