venres, 30 de marzo de 2012

- Campionato de Europa absoluto 2012 (R9) Máis líderes aínda no grupo de cabeza

Os tres primeiros empataron as súas partidas, polo que quedaron con 7 puntos. Isto fixo que os xogadores de 6 que gañaron uníranse ao grupo. Kobalia (2666) venceu a Jobava (2706), Inarkiev (2695) a Sokolov (2653), Fressinet (2693) a Korobov (2679) e Andreikin (2689) a Istratescu (2633). Dos españois empatou Vallejo (2693) empatou con Kuzubov (2615) e segue a medio punto da cabeza. Salgado (2621) gañou a Fedoseev (2548) sumando agora 5,5 puntos, e a partida entre Alonso (2518) e Mamedyarov (2752) aparece con 0-0 na táboa de resultados porque acordaron táboas antes da xogada 40, o que neste torneo é ilegal.
Está a ser un torneo moi duro, e para iso soamente hai que mirar onde andan algúns dos da parte alta do ranking. Caruana, o número 1 con 2767 tiña 5,5 puntos cando comezou a rolda, e andaba no posto 23. Giri, o cuarto con 2717 tiña 4 puntos e estaba no posto 189.

Ningún comentario:

Publicar un comentario