martes, 14 de agosto de 2012

- Comeza o Cidade de Ferrol

Unha nova edición do aberto organizado polo CFX. Seis días de xadrez cos serbios Strikovic e Pavnovic encabezando o ranking. Despois o cubano Obregon e o galego ex-capión de España Lariño.

- A FIDE anuncia o novo sistema para o Campionato Mundial Feminino

Posiblemente sexa unha proba para ver se o implanta a nivel absoluto, no que segue a dar tumbos sen atopar un sistema que deixe a todos contentos.
A idea parece ser un sistema de copa nos anos pares e un match nos impares. A gañadora do sistema Copa no ano par será a campiona mundial, e no ano impar xogará un match ca gañadora do Grand Prix. Deste xeito o Grand Prix cobra maior importancia da que tiña ata agora, que soamente eran unha suma de torneos nos que a gañadora non acadaba nada especial. No seguinte ano par a campiona terá que defender o titulo no torneo de copa. A ver canto tardan en saír os que defenden que o torneo de copa non da un gañador xusto.
Para este ano 2012, no que a FIDE organizará, outra vez en Siberia, o torneo por KO, as preclasificadas anunciadas pola FIDE son as seguintes (a lista non está completa):

a) Dos Campionatos Mundiais 2010-2011: 
01. Hou, Yifan (CHN) - World Champion 
02. Koneru, Humpy (IND) - Finalist 2011 
03. Ruan, Lufei (CHN) - Semi finals 2010 
04. Zhao Xue (CHN) - Semi finals 2010 

b) Dos Mundiais Junior 2010-2011: 
05. Muzychuk, Anna (SLO) 2010 
06. Cori T Deysi (PER) 2011 

c) Da lista de ELO 7/2011 e 1/2012: 
07. Polgar, Judit (HUN) 2704,50 
08. Dzagnidze, Nana (GEO) 2536,00 
09. Chiburdanidze, Maia (GEO) 2500,00 
10. Gunina, Valentina (RUS) 2498,50 
11. Galliamova, Alisa (RUS) 2491,00 

d) Dos Europeos 2010 e 2011 
12. Cramling, Pia (SWE) 2010 
13. Cmilyte, Viktorija (LTU) 2010 
14. Socko Monika (POL) 2010 
15. Sebag, Marie (FRA) 2010 
16. Kosintseva Tatiana (RUS) 2010 
17. Zhukova Natalia (UKR) 2010 
18. Dembo Elena (GRE) 2010 
19. Stefanova Antoaneta (BUL) 2010 
20. Kosintseva Nadezhda (RUS) 2010 
21. Muzychuk Mariya (UKR) 2010 
22. Rajlich Iweta (POL) 2010 
23. Ziaziulkina Nastassia (BLR) 2010 
24. Kovalevskaya Ekaterina (RUS) 2010 
25. Khurtsidze Nino (GEO) 2010 
26. Danielian, Elina (ARM) 2011 
27. Matveeva, Svetlana (RUS) 2011 
28. Khotenashvili, Bela (GEO) 2011 
29. Lahno, Kateryna (UKR) 2011 
30. Javakhishvili, Lela (GEO) 2011 
31. Arakhamia-Grant, Ketevan (SCO) 2011 
32. Foisor, Cristina-Adela (ROU) 2011 
33. Bodnaruk Anastasia (RUS) 2011 
34. Pogonina Natalija (RUS) 2011 
35. Ovod Evgenija (RUS) 2011 
36. Romanko Marina (RUS) 2011 
37. Hoang Thanh Trang (HUN) 2011 
38. Mkrtchian Lilit (ARM) 2011 
39. Khukhashvili Sopiko (GEO) 2011 

e) De América 
40. Linares Napoles Oleiny (CUB) (Continental) 
41. Lujan Carolina (ARG) (Zonal 2.5) 
42. Castrillon Gomez Melissa (COL) (Zonal 2.3) 
43. Zatonskih, Anna (USA) (Zonal 2.1) 
44. Aliaga Fernandez, Ingrid (PER) (Zonal 2.4)
45. (TBA) 
46. (TBA) 
47. (TBA) 

f) De Asia/Oceania 
48. Berezina, Irina (AUS) (Zonal 3.6) 
49. Ju Wenjun (CHN) (Zonal 3.5) 
50. Shen Yang (CHN) (Zonal 3.5) 
51. Huang Qian (CHN) (Zonal 3.5) 
52. Wang Yu (CHN) (Zonal 3.5) 
53. Harika, Dronavalli (IND) (Continental 2011) 
54. Pourkashiyan, Atousa (IRI) (Continental 2010) 
55. Ghader Pour, Shayesteh (IRI) (Zonal 3.1) 
56. Ranasinghe, S D (SRI) (Zonal 3.2) 
57. Li, Ruofan (SIN) (Zonal 3.3) 
58. Davletbayeva, Madina (KAZ) (Zonal 3.4) 
59. Soumya, Swaminathan (IND) (Zonal 3.7) 

g) De África 
60. Mona, Khaled (EGY) (Continental 2011) 
61. Mezioud, Amina (ALG) (Continental 2011) 
62. Greeff, Melissa (RSA) (Continental 2011) 

h) Nomeadas pol presidente da FIDE 
63. (TBA) 
64. (TBA) 

luns, 13 de agosto de 2012

- O 25 de agosto o "Agosto en Cambre"

Sigrás organiza a décima edición deste torneo de partidas rápidas, que vai ter lugar ao longo do día 25 de agosto na Polideportiva de Cambre. Sete roldas de partidas a 20 minutos, con case 1000 euros de premios divididos en varias categorías.

- O Círculo das Artes de Lugo gaña o campionato de España de 2ª división

No Campionato de España de Clubes de Segunda División, que tivo lugar en Padrón, o Círculo das Artes de Lugo foi o gañador do torneo, e polo tanto ascende á Primeira División. A Universidade de Compostela rematou na quinta praza, e o Círculo Ferrolano na oitava. Os xogadores que lograron o ascenso para o Círculo foi GM Miton, o GM Dziuba, o MF Diego González Díaz, Julio González Díaz e Roberto Gómez López.

- Andrejkin gaña o campionato ruso nun desempate entre seis xogadores

Dmitry Andrejkin é o novo campión de Rusia tras gañar o desempate que tivo que xogarse tras rematar empatados a cinco puntos seis dos dez xogadores que tomaban parte na proba. Andreijkin quedou por diante de Svidler e Karjakin no round robin a ritmo rápido que decidiu o campión. En categoría feminina a gañadora foi Natalia Pogonina, por diante de N. Kosintseva e Gunina.

xoves, 9 de agosto de 2012

- A FIDE da a coñecer os participantes do Grand Prix 2012-13

A FIDE anunciou os xogadores que van tomar parte na seguinte edición do Grand Prix, que parece que vai ser outro fracaso tras renunciar a el Carlsen, Aronian, Kramnik e Anand, os catro xogadores que levan mandando no xadrez dende fai un par de anos. Isto vaille quitar moito do interés que podería ter.
Un dos torneos vai ter lugar en Madrid, a finais de maio do 2013. O resto van ter lugar en capitais europeas, agás o de Tarhkent, que está lonxe dabondo, en Uzbekistán.


FIDE GRAND PRIX


20122013
Name CTYCriteriaAug-12LondonTashkentLisbonMadridBerlinParis
    20 Sep -
3 Oct
21 Nov -
5 Dec
17 Apr-
1 May
22 May -
4 Jun
3 - 17 Jul18 Sep -
2 Oct
Radjabov, Teimour AZE Rating2788  2788278827882788
Karjakin, Sergey RUS Rating2785 2785278527852785
Nakamura, Hikaru USA Rating27782778 277827782778
Caruana, FabianoITAFide President2773 2773277327732773
Morozevich, AlexanderRUS AGON2770 2770277027702770 
Ivanchuk, VassilyUKRWorld Cup27692769 276927692769
Grischuk, AlexanderRUS World Cup27632763 276327632763
Topalov, Veselin BUL Rating27522752 275227522752 
Svidler, PeterRUS World Cup27492749274927492749
Wang, HaoCHNAGON27262726272627262726
Gelfand, BorisISRMatch27382738273827382738
Gashimov, VugarAZE Rating2737 2737273727372737 
Leko, PeterHUNAGON27372737273727372737 
Ponomariov, RuslanUKRWorld Cup2734 2734273427342734
Mamedyarov, ShakriyarAZE Rating27292729272927292729 
Dominguez Perez, LeinierCUBAGON27252725272527252725
Giri, AnishNEDAGON27112711 271127112711
Kasimdzhanov, RustamUZBAGON26842684268426842684 
      
  Average2747.12738.42740.62751.72751.82746.92753.3
 Players 121212121212

luns, 6 de agosto de 2012

- Superfinais rusas 2012

Un ano máis, do 3 ao 12 de agosto nesta ocasión, teñen lugar os campionatos rusos, que teñen un nome algo chamativo como "Superfinal". Non están todos os mellores, pero a participación é como sempre interesante. De momento hai varios líderes empatados e todos os xogadores con opcións. A retrasmisión en directo todos os días en ChessBomb.
Web oficial da Federación rusa (pouco útil, todo en ruso)
Páxina do torneo (co cadro do torneo e enlaces a visores das partidas)

domingo, 5 de agosto de 2012

- Comezan as listas mensuais de Elo por parte da Fide

É o que ten internet, que a información chega moi rápido e así podense facer actualizacións moito máis rápido que antes. Cando empezou o Elo, alá polos inicios dos anos 70, as listas saían cada seis meses e os xogadores ocupaban dez páxinas da revista Jaque. As cousas cambiaron moito...
Non hai cambios importantes na lista, o normal a partir de agora por ter menos marxe de incluir torneos. Carlsen segue en 2837 a tiro de 15 puntos do record de 2851 de Kasparov, aínda que habería que ver o valor que teñen uns puntos e outros. Fischer "soamente" chegou a ter 2785, e pola lista diríamos que o nivel de Fischer no seu mellor momento de de Karjakin agora son o mesmo.

venres, 3 de agosto de 2012

- Wang Hao gaña en Biel na última partida

A sala de xogo do torneo - Foto da web oficial
O chinés Wang Hao, grazas a súa vitoria na derradeira rolda diante de Anish Giri onde o holandés tirou unha partida igualada nunha xogada, proclamouse gañador do Festival de Biel por diante de Magnus Carlsen, que rematou o torneo con táboas diante de Bacrot nunha partida moi disputada. O torneo tiña a puntuación de tres por gañada e un por táboas, e o gañador houbese sido Carlsen polo sistema tradicional, pero por unha vez o noruegués saiu perxudicado por esta norma.

mércores, 1 de agosto de 2012

- Do 2 ao 15 de agosto Mundial Junior en Atenas. Nin un español vai xogar

Non haberá nin un xogador español loitando por ser campión mundial junior. Por primeira vez dous chineses van encabezar o ranking inicial deste torneo por sistema suizo que vai ter lugar en Atenas.