venres, 3 de agosto de 2012

- Wang Hao gaña en Biel na última partida

A sala de xogo do torneo - Foto da web oficial
O chinés Wang Hao, grazas a súa vitoria na derradeira rolda diante de Anish Giri onde o holandés tirou unha partida igualada nunha xogada, proclamouse gañador do Festival de Biel por diante de Magnus Carlsen, que rematou o torneo con táboas diante de Bacrot nunha partida moi disputada. O torneo tiña a puntuación de tres por gañada e un por táboas, e o gañador houbese sido Carlsen polo sistema tradicional, pero por unha vez o noruegués saiu perxudicado por esta norma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario