Xuntamos as novas de xadrez máis interesantes e de todos os niveis para o Grupo AGAX.
mércores, 15 de agosto de 2012
- Pasamento de Svetozar Gligoric aos 89 anos
Unha das lendas do xadrez do século XX, o mestre primeiro serbio, logo iugoslavo e finalemente outra vez serbio Svetozar Gligoric, finou onte en Belgrado. Nado o 2 de febreiro do 1923, Gligoric foi un dos poucos xadrecistas non soviéticos que estivo na elite mundial nas décadas centrais do século XX. Participou en quince Olimpiadas e en tres ciclos polo Campionato do Mundo. Doce veces foi campión de Iugoslavia.Biografía na Wikipedia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario