É o que ten internet, que a información chega moi rápido e así podense facer actualizacións moito máis rápido que antes. Cando empezou o Elo, alá polos inicios dos anos 70, as listas saían cada seis meses e os xogadores ocupaban dez páxinas da revista Jaque. As cousas cambiaron moito...
Non hai cambios importantes na lista, o normal a partir de agora por ter menos marxe de incluir torneos. Carlsen segue en 2837 a tiro de 15 puntos do record de 2851 de Kasparov, aínda que habería que ver o valor que teñen uns puntos e outros. Fischer "soamente" chegou a ter 2785, e pola lista diríamos que o nivel de Fischer no seu mellor momento de de Karjakin agora son o mesmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario