Vallejo e Salgado antes os armenios - Web oficial |
Desta xa tivemos matches igualados, onde o favorito non era tan claro como nas roldas anteriores, aínda que algún tivo sorte no emparellamento e pasou unha xornada de descanso a maiores.
A España tocoulle xogar contra a actual campiona olímpica, Armenia. Na primeira mesa Vallejo perdeu con Aronian, nunha partida na que sempre estivo algo peor e chegou a un final de torres que perdeu. Na segunda mesa Salgado contra Movsesian acordou táboas no medio xogo, que non é mal resultado. Illescas quedou pasivo contra Sargissian pero aguantou a presión e empatou, acadando unha posición na que podía forzar o final onde rei para a peón de torre e bispo. No cuarto Korneev bateu contra a defensa Berlinesa de Tigran Petrosian (o vivo) e non foi capaz de sacar adiante a pequena vantaxe que tiña. Un 1,5 - 2,5 que estivo preto do empate.
O equipo feminino español tiña partidas dificiles contra Serbia, aínda que por ELO as españolas eran mellores. Sairon Matnadze, Alexandrova, Vega e Hernández. Pero como o Elo son soamente números perdeuse o encontro por 0,5 a 3,5 e grazas. Soamente Sabrina Vega non perdeu. Matnadze xogou con peza de menos unha morea de xogadas, e Alexandrova e Hernández foron esmagadas na apertura.
Pasando xa a competición en xeral Estados Unidos deu boa conta dunha Venezuela que estaba tal vez demasiado arriba, o mesmo caso que no Azerbaijan - Islas Feroe. Os rusos gañaron con atrancos aos letóns, e o mesmo pasoulle aos chinos cos rumanos. Había tres encontros estelares na rolda: Inglaterra - Cuba, Ucrania - Israel e Francia - Bulgaria. Vitoria dos ucranianos e franceses pola mínima, e un 3-1 dos chinos.
Na olimpiada feminina tiñamos un China - Ucrania no que a campiona do mundo tivo que rescatar a súa selección para empatar a 2. Rusia deu boa conta de Mogolia, e a India gañou a Armenia pola mínima. No Georgia - Alemania, outro encontro de candidatos a medalla o resultado foi 2-2, Das favoritas soamente as rudas e as indias quedan con tres vitorias.
Para a rolda 4ª o equipo masculino español ten un encontro que pode sacar adiante contra o Yemen. O feminino ten partida contra Austria, que en principio é peor equipo que o español. No torneo masculino enfrontamentos moi importantes hoxe, con Estados Unidos contra India, Rusia contra China, Azerbaijan contra Alemania e Francia - Inglaterra.
Web oficial.
Para a rolda 4ª o equipo masculino español ten un encontro que pode sacar adiante contra o Yemen. O feminino ten partida contra Austria, que en principio é peor equipo que o español. No torneo masculino enfrontamentos moi importantes hoxe, con Estados Unidos contra India, Rusia contra China, Azerbaijan contra Alemania e Francia - Inglaterra.
Web oficial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario