Partida entre españois - Web oficial |
Van rematar os Campionatos de Europa por idades, e na derradeira rolda varios xogadores españois poderán loitar por acadar unha das medallas en xogo en varias das categorías. Os galegos Represa e Portela non estarán entre eles.
Na categoría Sub8 feminina María Eizaguerri está na terceira praza. Deberá levar as pezas negras contra unha rival directa, a rusa Zavgorodneva, ca que está empatada a puntos. O medalla de ouro non é posible, pero sí a de prata.
Na Sub16 feminina Irene Nicolás terá que gañar á francesa Navrotescu para estar no podio. Outro resultado non serve, e tamén terá que facelo con pezas negras.
En Sub18 feminino Amalia Aranaz gañando sería a campiona. Levará negras contra a outra líder da categoría, a rusa Goriachtkina. As táboas deixarían todo nas mans dos sistemas de desempate.
En Sub18 masculina David Forcén estará na primeira mesa xogando contra o líder Gabuzyan. Gañando levaria medalla, pero non se poder saber cal. David Antón ten que gañar e esperar a ver se chega ata o bronce, xogando contra Givon.
Ningún comentario:
Publicar un comentario