mércores, 8 de maio de 2013

Campionato de Europa 2013 (4R) Vitoria de Salgado e táboas de Vallejo e Arizmendi

Non foi mala a xornada para os españois. Tras terminar a cuarta partida os tres están con dúas vitorias e dúas táboas, a un punto da cabeza que ocupa en solitario Moiseenko, o único que leva catro puntos de catro partidas tras vencer ao ruso Volkov. Están a participar 286 xogadores, e o Elo máis baixo é de 1501.

Grand Prix Geneva 2013 (R5) Muzychuk chega ata a cabeza derrotando á Yifan HOu

A número dous do torneo Anna Muzychuk derrotou na cuarta rolda á Yifan Hou, a número un, e deste xeito alcanzou á líder Lahno que empatou con Ushenina. A medio punto das primeiras, con tres en total, están empatadas tres xogadoras: Khotenashvili, T Kosintseva e Wenjun Ju.

Norway Chess 2013 (R1) Nakamura, Svidler e Karjakin gañan

En Noruega comezou un torneo moi forte, aproveitando o tirón de Magnus Carlsen, que é un dos xogadores entre os que tamén están entre outros Topalov, Aronian ou Anand. Na primeira rolda táboas dos favoritos, que xogaban entre eles, o que aproveitaron varios dos segunda fila para sacar medio punto de vantaxe. Gañaron Nakamura, Svidler e Karjakin a Hao, Hammer e Radjabov.

martes, 7 de maio de 2013

Campionato de Europa 2013 en Polonia.

Do 4 ao 17 de maio vai ter lugar na localidade polaca de Legnica o Campionato de Europa de Xadrez, onde participan os españois Vallejo, Salgado e Arizmandi.
Tras tres partidas xogadas o líder do torneo é o autríaco Shengelia, empatado e 3 puntos con oito xogadores máis. Os españois están imbatidos de momento, con +2 =1 -0 para Arizmendi e Vallejo, e +1 =2 -0 de Salgado.
Na cuarta rolda estes serán os seus rivais:
Rd.M.No. NombreEloPts.ResultadoPts.NombreElo No.
41016
GMVALLEJO PONS Francisco2695GMHOVHANNISYAN Robert2607
75
421100
GMARIZMENDI MARTINEZ Julen Luis2571GML'AMI Erwin2634
53
45382
GMSALGADO LOPEZ Ivan259822IMKANAREK Marcel2474
161
Web oficial.

Grand Prix feminino Geneva 2013 (R4) Lahno ponse líder en solitario

A líder do torneo
Tras vencer con negras á excampiona mundial Kosteniuk, a ucraniana Kateryna Lahno ponse en solitario na cabeza da proba, sumando 3 puntos en catro partidas. Tras dela con 2,5 están Hou, T. Kosintseva e A. Muzychuk.
Na quinta rolda teremos o enfrontamento a priori máis interesante do torneo, entre Muzychuk e Hou, os elos máis altos do torneo.
3IMBela Khotenashvili2505-GMAlexandra Kosteniuk249112
4WGMTuvshintugs Batchimeg2298-GMTatiana Kosintseva25172
5GMViktorija Cmilyte2522-GMNana Dzagnidze25451
6GMAnna Muzychuk2585-GMYifan Hou261711
7WGMOlga Girya2463-WGMWenjun Ju254410
8GMKateryna Lagno2548-GMAnna Ushenina24919

domingo, 5 de maio de 2013

Campionato USA 2013 (R2) Soamente Kamsky e Christiansen levan dous de dous

Soamente 24 xogadores optan a ser campión dos Estados Unidos no torneo que está a ter lugar en San Luis. Tras dúas partidas Kamsky e Christiansen son os únicos que levan os dous puntos, e xogarán entre eles na terceira rolda. Hay retransmisión en directo na web oficial.
Web oficial.

Grand Prix feminino 2013 - Geneva (R3) Tres líderes tras tres partidas

Muzychuk, Lahno e Khotenashvili están a empatar a dous puntos na primeira praza da proba do Grand Prix que está a ter lugar en Geneva (Suiza), tras xogarse as tres primeiras roldas. Con punto e medio están empatadas ata sete xogadoras, entre as que está a campiona mundial Yifan Hou.

mércores, 1 de maio de 2013

Lista ELO de maio 2013

Magnus Carlsen segue destacado na cabeza con 2868. Tras del Aronian con 2813 e Kramnik con 2811. Na cuarta praza atopamos a Topalov, que está a recuperar a forma e chega aos 2793, dez puntos máis que Anand, que é o quinto. Chaman a atención os 30 puntos que perdeu Radjabov.
O primeiro español segue a ser Vallejo, con 2695.

Aronian e Gelfand gañaron o Memorial Alekhine

Con 5,5 puntos o armenio Aronian e o israelí Gelfand empataron na primeira posición do Memorial Alekhine 2013. A medio punto dos dous rematou o campión mundial Anand.

Topalov gaña no Grand Prix con punto e medio de vantaxe

Gran actuación do xogador búlgaro Veselin Topalov, que impúxose na proba do Grand Prix disputado na localidade suiza de Zug con 8 puntos. Na segunda praza quedou Nakamura que sumou 6,5. Terceiro rematou Ponomariov empatado a 6 puntos con Caruana que foi cuarto.