xoves, 6 de xuño de 2013

Campionatos do Mundo de Rápidas e de Blitz

Unha vez máis hai que ir ata Siberia para ver unha proba oficial. Os mundiais blitz e rápido van ter lugar en Khanty-Mansiysh entro o 6 e o 10 de xuño. Hai varios grandes mestres moi fortes no torneo, pero faltan moitos membros da elite.

martes, 4 de xuño de 2013

Leinier Domínguez gaña a proba do Grand Prix de Tesaalónica

O GM cubano Domínguez obtivo un dos maiores éxitos da sua carreira tras levarse a proba do Grand Prix da FIDE que disputouse na cidade grega de Tesalónica. Sacoulle medio punto a Kamsky e a Caruana, que remataron xusto tras del. Na derradeira praza rematou Ivanchuk, que está nunha mala racha, deixándose 20 puntos de ELO.

martes, 21 de maio de 2013

Pasamento do GM Lothard Schmid

O que foi o árbitro do match entre Fischer e Spassky, o GM alemán Lothard Schmid, morreu o día 18 de maio aos 85 anos. Foi un habitual do equipo alemán nas olimpiadas durante os anos 50 e 60, onde acadou varias medallas.

sábado, 18 de maio de 2013

Norway Chess 2013 (Final) Karjakin gaña na casa de Carlsen

Sergey Karjakin resultou gañador do Norway Chess 2013 tras sumar 6 puntos, medio máis que Carlsen, Nakamura e Aronian, que remataron o torneo con 5,5.
Web oficial.

venres, 17 de maio de 2013

Campionato de Europa 2013 (Final) Moiseenko gañador e Vallejo sexto

O ucraniano Alexander Moiseenko é o novo campión europeo, tras ser o que mellor desempate tivo do grupo que rematou na cabeza, que empatou a 8 puntos. Nese grupo de dez xogadores quedou Francisco Vallejo, na sexta praza, rematando imbatido o torneo e gañando once puntos de Elo que o devolven aos 2700. A medalla de prata da proba foi para o ruso Eugeny Alekseev e a de bronce para o tamén ruso Eugeny Romanov.
Os outros españois tamen gañaron Elo no torneo. Salgado rematou con 6,5 puntos e un incremento de 4,8 e Arizmendi fixo 6 mellorando 9. Ocuparon os postos 60º e 91º.

mércores, 15 de maio de 2013

Norway CHess 2013 (R7) Karjakin líder con Carlsen a medio punto

O ruso Karjakin mantén o liderato tras vencer a Nakamura, mentres Carlsen facía o mesmo contra Hammer. Deste xeito o primeiro ten 5,5 por 5 do segundo. Tamen gañaron Aronian, agora con 4,5, que ponse terceiro e Anand que chega ata a cuarta praza con 4 puntos. Quedan tres partidas para o final.

Grand Prix feminino Geneva 2013 (Final) Khotenashvili sorprendente gañadora

Nun torneo onde era das da parte baixa do ranking, a xeorxiana Khotenashvili alzouse ca vitoria con 8 puntos, superando en medio á eslovena A. Muzychuk e en un á rusaT. Kosintseva e á tamén xeorxiana Dzagnidze.
A campiona mundial Ushenina quedou na metade da táboa con 6 puntos, e aínda peor quedou a aspirante á coroa e número un do rankin Yifan Hou con 5.
A táboa final:
RankSNo.NameRtgFED123456789101112PtsRes.vict
13IMBela Khotenashvili2505GEO*½011½101111807
26GMAnna Muzychuk2585SLO½*1½½½½1½½1104
32GMTatiana Kosintseva2517RUS10*½0½1½½1½1½4
41GMNana Dzagnidze2545GEO0½½*1½01½½11½4
510WGMWenjun Ju2544CHN0½10*1½½0½11614
69GMAnna Ushenina2491UKR½½½½0*½11½½½602
78GMKateryna Lagno2548UKR0½01½½*01½½103
811GMYifan Hou2617CHN10½0½01*½10½5½3
912GMAlexandra Kosteniuk2491RUS0½½½100½*½1½5½2
105GMViktorija Cmilyte2522LTU0½0½½½½0½*½101
114WGMTuvshintugs Batchimeg2298MGL00½00½½10½*½01
127WGMOlga Girya2463RUS00000½0½½0½*200

domingo, 12 de maio de 2013

Norway Chess 2013 (R4) Karjakin leva pleno: 4 de 4

O ruso Karjakin está a dominar de xeito claro o torneo que ten lugar en Noruega, tras gañar as catro partidas que disputou. Saca punto e medio aos seus inmediatos perseguidores, nun torneo onde soamente aparte do líder queda un xogador imbatido, Carlse, pero o candidato ao título mundial fixo todo táboas.

Campionato de Europa (R7) Vallejo ponse cuarto a medio punto da cabeza

O líder tras sete partidas é o ucraniano Moiseenko, seguido a medio punto de distancia por un grupo entre o que está Vallejo. Salgado e Arizmendi levan catro puntos e andan no medio da táboa.

mércores, 8 de maio de 2013

Campionato USA 2013 (R5) Gata Kamsky na cabeza

Tras xogarse cinco partidas o americano de orixe tártara Kamsky marcha na cabeza con 4,5, seguido do americano de orixe ucraniana Onischuk. Na terceira praza empatan o americano de orixe costaricense Ramírez e o americano de orixe estadounidense Joel Benjamin con 3,5.