mércores, 30 de abril de 2014

Carlsen gaña o Memorial Gashimov 2014

Un forte torneo tivo lugar estes días en Azerbaijan, na cidade de Shamkir, onde participaban Carlsen, Caruana, Karjakin, Nakamura, Mamedyarov e Radjabov. O torneo comenzou ben para o campión mundial, pero tras perder dúas partidas seguidas chegou a metade do torneo medio punto detrás de Radjabov. Na segunda metade do torneo fixo +3 =2 -0 acadando os 6,5 puntos e levouse a primeira praza en solitario. Na derradeira partida entre Carlsen e Caruana as táboas servían ao italiano para ser o gañador, pero perdeu e rematou o torneo na segunda praza con 5,5 puntos.
Empatados a cinco puntos quedaron Nakamura, Radjabov e Karjakin. O ruso foi considerado varios anos a posible alternativa a Carlsen, pero con un torneo onde fixo todo empates deixou claro outra vez que non o vai ser. Radjabov xogou moito mellor que nos últimos tempos, onde caera ata os 2718. 
Pechou con tres puntos Mamedyarov, que tivo un mal torneo.

martes, 1 de abril de 2014

Lista ELO abril 2014. Anand sube ata a terceira praza

Tras o Candidatos houbo cambios importantes na lista de Elo FIDE. Aronian mantén a segunda praza, pero perdendo 18 puntos respecto a lista anterior. Anand sube ata a terceira praza tras o bo resultado do torneo, onde Kramnik baixou algo e Topalov moito. Caruana segue na quinta praza seguido de Karjakin, que aproveitou tamén o Candidatos para mellorar.
Dos españois segue na cabeza Vallejo, por diante de Korneev. David Antón superou a Salgado e é agora o terceiro por diante do galego.

domingo, 30 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (Final) Anand campión do torneo e xogará contra Carlsen

Foto FIDE
Como era de esperar Anand fixo táboas con Svidler na derradeira rolda do torneo, nunha partida na que ningún dos dous xogou á gañar. Tras cambiar todo acordaron o empate, e así o indio rematou o torneo con 8,5 puntos (+3 =11 -0), e conseguiu o pasaporte para a súa revancha con Carlsen. Foi o único xogador imbatido
No resto das partidas soamente houbo loita de verdade na Aronian - Karjakin. Mamedyarov - Kramnik e Topalov - Andreikin non foron táboas de grandes mestres, pero tampouco deron moito de sí. Karjakin presionou a Aronian ata conseguir unha posición con moita vantaxe, bispo e tres peóns contra catro peóns, pero Aronian tiña oportunidades de defenderse porque todavía había damas en xogo e pouco tempo para os dous. Ao final o ruso gañou e obtivo a segunda praza do torneo, mandando ao favorito ao sexto posto.
A clasificación final:
P
NomeRtgFED12345678PtsRes.victSB
1
GMAnand Viswanathan2770IND* *½ ½½ ½1 ½½ ½1 ½½ ½½ 10357,25
2
GMKarjakin Sergey2766RUS½ ½* *0 1½ ½½ ½0 1½ 1½ ½0351,75
3
GMKramnik Vladimir2787RUS½ ½1 0* *1 ½½ ½½ ½½ 00 17349,25
4
GMMamedyarov Shakhriyar2757AZE0 ½½ ½0 ½* *1 ½0 11 ½½ ½72348,00
5
GMAndreikin Dmitry2709RUS½ ½½ ½½ ½0 ½* *½ 10 ½1 ½7248,50
6
GMAronian Levon2830ARM0 ½1 0½ ½1 0½ 0* *1 ½½ ½345,00
7
GMSvidler Peter2758RUS½ ½½ 0½ 10 ½1 ½0 ½* *1 0½346,00
8
GMTopalov Veselin2785BUL½ 0½ ½1 0½ ½0 ½½ ½0 1* *60242,25

sábado, 29 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R13) Anand vai a ter a súa revancha contra Carlsen

Foto FIDE
Coas tablas feitas na penúltima rolda o subcampión mundial Anand obtivo matemáticamente a vitoria no Torneo de Candidatos 2014, tras ver como Aronian perdía contra Andreikin. Anand suma agora oito puntos, quedando con punto e medio de vantaxe, e unha partida por xogarse, sobre cinco xogadores empatados: Kramnik, Andreikin, Karjakin, Aronian e Mamedyarov. Kramnik pasou de ser fai nada o colista a ser segundo tras obter a vinganza sobre Topalov nunha partida moi disputada. Con seis puntos Svidler é setimo. Pecha Topalov con cinco e medio.
Anand demostrou ser o xogador máis regular do torneo, e rematará o torneo imbatido salvo que Svidler consiga gañarlle a partida de mañá, o que non parece moi probable. Levarase o torneo gañando soamente tres partidas, pero sen perder e non pasar apuros en ningún momento. O resto de xogadores tiveron un nivel moi similar e é moi probable que o segundo remate o torneo sumando soamente o 50% dos puntos.

venres, 28 de marzo de 2014

Convocatoria da FEGA dos campionatos galegos para as vacacións de Semana Santa

Unha vez máis o hotel Scala de Padrón será o punto de reunión dos xadrecistas galegos. Absoluto, Feminino, Veteráns, Sub-16, Sub,12, Sub-10 e Sub-8 serán as categorías que van ter lugar.

xoves, 27 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R12) Anand deixa pasar a oportunidade de sentenciar

A falta de dúas partidas para rematar o torneo o GM indio Anand Viswanathan encabeza a clasificación do torneo sumando 7,5 puntos, un punto máis que o armenio Levon Aronian. Empatados na terceira praza o azerí Mamedyarov e o ruso Karjakin.
Anand deixou hoxe a oportunidade de deixar o torneo visto para sentenza tras non rematar a posición favorable que tiña contra Andreikin, pero dada a complexidade de cálculo optou por repetir posicións e manter o punto de vantaxe que debería servirlle para gañar o torneo. O resto das partidas deron soamente unha vitoria, a de Topalov sobre Svidler, que o saca da derradeira posición que queda agora para Kramnik.

domingo, 23 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R9) Xornada redonda para Anand

Foto FIDE - Mamedyarov contra Aronian
O subcampión mundial Anand deu un paso adiante para volver a xogar contra Magnus Carlsen tras a novena rolda. A falta de cinco partidas Anand saca un punto a Aronian e punto e medio a Kramnik, Karjakin e Mamedyarov.
Anand xogaba contra Topalov, que usou a siciliana para defenderse e o indio optou polo esquema h3-g4-Ag2. No final do medip xogo a maior actividade de pezas de Anand acabou forzando un erro de Topalov que fixo que perdese a partida.
O colíder Aronian tiña as pezas negras contra Mamedyarov. Xogou unha liña complicada na apertura, pero o azerí fixo sempre as mellores xogadas e quen non acertou co plan correcto foi Aronian, que acabou entrando nun final perdido.
Karjakin gañou a un Kramnik que perdeu un peón sen compensación na xogada sete da partida e tivo que ir toda a partida tratando de atopar algo que non había e perdeu.
Andreikin e Svidler empataron nunha partida na que ningún deles fixo nada especial para tentar desnivelar o xogo.

sábado, 22 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R8) Os líderes empatan e todo segue igual

Foto FIDE
A partida entre os dous líderes foi unha pequena decepción. Anand sacrificou un peón na irregular apertura de Aronian para ter mellor desenvolvemento. Parecía que habería unha partida interesante, pero na xogada 16 decidiron facer táboas por repetición
Unha defensa siciliana de Topalov contra o e4 de Mamedyarov parecía significar unha dura loita no taboleiro, pero de súpeto houbo unha simplificación masiva que levou a un final de torres nulo. Andreikin ca súa eslava neutralizou ben a Kramnik, e sacou un bo empate.
O xogo que faltou nas outras partidas estivo na Svidler - Karjakin. A especie de ataque indio de rei das brancas levounas a sacrificar un peón para tratar de atacar o enroque negro. Karjakin rexeitou o ataque e activou mellor as súas pezas logrando unha iniciativa. Sacrificou calidade e Svidler cometeu un erro xusto despois que levouno a perder o final.
Tras esta rolda Anand e Aronian levan cinco puntos, medio máis que Kramnik que é terceiro. Tras o ruso están todos os demáis con tres e medio, sendo agora Topalov o colista por ter o peor desempate.

venres, 21 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R7) Final da primeira volta con Anand e Aronian na cabeza

Foto FIDE
Na sétima rolda do Torneo de Candidatos que estase a xogar na Siberia, e que poñía fin á primeira volta, o líder do torneo Anand empatou cas pezas negras con Svidler. Isto aproveitouno Aronian, que tamén con negras deixou fora de combate a Karjakin. Ca derrota de Karjakin o colista Andreikin aproveitou a ocasión para deixar de selo, gañando a un Topalvo que perdeu o fío da partida errando no ataque cando tiña a iniciativa e perdeu demasiado rápido. Kramnik tiña mellor posición que Mamedyarov, pero errou e estivo perdido moito tempo ata que o azerí trabucouse e o ruso atopou unha vitoria onde había unha derrota.
O torneo queda con Anand e Aronian empatados a 4,5 puntos. Kramnik ten 4, e empatados con 3 están Topalov, Andreikin e Mamedyarov. Pecha con 2,5 o antes ucraniano e agora ruso (!) Karjakin, que parece que non vai ser o rival xeracional de Carlsen.

mércores, 19 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R6) Anand segue líder

Foto FIDE - Dous xogadores que seguen sen querer verse diante
Na sexta rolda o líder Anand con brancas non buscou nada diante da defensa berlinesa na española de Karjakin e o empate acordouse moi rápido no medio xogo. Aronian tivo gañada a partida contra o colista Andreikin nunha pero non atopou unha liña que gañaba de seguido,e perdeu a oportunidade de alcanzar a Anand deixandose medio punto co ruso.
Mamedyarov acadou outra vitoria aproveitando que Svidler estragou unha boa posición en poucas xogadas, e xa está no grupo a un punto do líder cando na rolda anterior comezaba como último. Finalmente nunha partida que podería ser de revancha do match de Elista Topalov gañou a Kramnik ca preparación de casa facendo unha xogada dubidosa na apertura pero de difícil refutación no taboleiro, e xa na xogada catorce tiña a partida moi a favor. Os dous xogadores quedan con tres puntos.