O galego Iván Salgado perdeu a primeira praza do torneo xogado no Casino de Barcelona na derradeira rolda, ao empatar con Inarkiev, que quedou terceiro. O cubano Lázaro Bruzón conseguiu cazar na clasificación a Salgado na última partida vencendo a Jordi Magem, e o desempate por Sonnen foille favorable polo peso das súas vitorias ante o segundo e o terceiro do torneo.
A pesares de non poder levarse a primeira praza o GM galego fixo unha permormance abraiante de 2814 que vaille reportar unha chea de puntos ELO. Bruzón con este resultado está un pouco máis cerca de Leinier Domínguez na loita por ser o mellor xogador cubano do momento (para destronar a Capablanca como o mellor cubano da historia hai que facer algo máis)
A táboa final: 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 ------------------------------------------------------------------ 1. Bruzon Batista, Lazaro CUB 2668 g · 1 1 = 1 = = = 1 1 7.0 2. Salgado Lopez, Ivan ESP 2602 g 0 · = 1 1 1 1 1 = 1 7.0 3. Inarkiev, Ernesto RUS 2667 g 0 = · 1 1 = 1 1 1 0 6.0 4. Jussupow, Artur GER 2589 g = 0 0 · = = = = 1 1 4.5 5. Edouard, Romain FRA 2636 g 0 0 0 = · = = 1 1 1 4.5 6. Alsina Leal, Daniel ESP 2527 g = 0 = = = · 0 = = 1 4.0 7. Cuartas, Jaime Alexander COL 2534 g = 0 0 = = 1 · 0 = 1 4.0 8. Oms Pallisse, Josep ESP 2528 g = 0 0 = 0 = 1 · 0 1 3.5 9. Magem Badals, Jordi ESP 2593 g 0 = 0 0 0 = = 1 · 0 2.5 10. Hess, Robert L USA 2602 g 0 0 1 0 0 0 0 0 1 · 2.0
Ningún comentario:
Publicar un comentario