Boas novas para Shirov, que tras vencer a Eljanov xa ten unha partida gañada e sae da última posición da táboa clasificatoria. Unha boa partida na que montou un ataque no que gañou material contra o rei do ucraino, que quedou atascado no centro nunha defensa francesa e tivo que rendirse pouco despois de terminar a apertura.
O novo líder e Mamedyarov, que cazou un alfil do chinés Wang Hao no medio xogo, mentres Aronian deu por bo forzar unhas táboas con brancas con Grischuk con todo por xogar. A destacar a vitoria de Karkajin sobre o ex-campión mundial Kramnik, a quen meteulle un impertinente peón na sétima fila na xogada 21 e que foi usado de exe para obter a vitoria.
Mañá temos a derradeira rolda onde Mamedyarov leva negras contra un Guelfand en baixa forma, Aronian tamén leva negras co pechacancelas Eljanov e Karjakin xogará as pezas brancas na partida con Wang Hao. Os xogadores con opcións son Mamedyarov (5,5), Aronian e Karjakin (5), Wang Hao e Nakamura (4,5).
En directo as partidas premendo aquí, as 15:00 hora de Moscova, 13:00 en terras galegas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario