sábado, 30 de xullo de 2011

- Campionato Mundial Junior. A derradeira oportunidade de Iván Salgado


A partires do 2 de agosto vai ter lugar en Chennai, na India, a 50 edición do Campionato do Mundo Junior. O GM galego Iván Salgado vai ser o representante de España, na que será a súa última oportunidade de obter este título, que xa lograra Vallejo para España unha vez.
Vai ser unha longa competición e con moitos xogadores fortes, algúns co título de GM no peto. Os favoritos sempre son os rusos, que envián a dous GM, Sjugirov e Matlakov con máis de 2600, e o terceiro representante, Shimanov ten 2586. Pero tamén hai dous armenios, dous azerís, dous indios e dous polacos con máis de 2500, o mesmo que un croata, un checo, un alemán, un húngaro, un israelí, un peruano, un turco e un americano.
Iván Salgado partirá co número 3 do ranking inicial dun suizo a 13 roldas. O ritmo de xogo será de 90' para os primeiros 40 movementos, e despois 30' para rematar a partida, con incrementos de 30'' para cada xogada durante toda a partida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario