luns, 25 de xullo de 2011

- Mundial por equipos 2011 (8R) Armenia a un paso da vitoria

Armenia non pasou do empate con Azerbaijan, que non é mal resultado, e os chineses grazas a vencer 3-1 á India están agora a dous puntos dos líderes. Os ucranianos tamén están agora a dous puntos dos armenios tras vencer pola mínima aos americanos. Chineses e ucranianos son os únicos que poderían alcazar aos armenios na clasificiación final.
Os rusos esnaquizaron a Israel por 4-0 e recortan distancias, pero non van ter opcións de gañar o torneo, porque soamente queda unha rolda. Exipto estivo cerca outra vez, pero segue sen conseguir puntuar. Desta vez perderon con Hungría.
Na derradeira rolda os ucranianos enfrontanse aos armenios, ca necesidade de gañar e se pode ser por moita diferenza. Os beneficiados poderían ser os chineses se gañan aos húngaros, pero parece que os armenios teñen todo no seu favor.
A clasificación antes da rolda final:
RankTeamGam.+=-12345678910MPPts.Res.SB.
1Armenia8530*2.52.02.52.02.02.53.53.51320.5096.00
2China85121.5*2.52.53.52.03.01.53.51120.0081.75
3Ukraine85121.5*2.01.52.52.52.52.52.51117.5074.25
4Russia84222.01.52.0*3.03.01.04.03.01019.5072.00
5Hungary84221.52.51.0*2.02.52.03.53.01018.0067.50
6USA83232.00.51.51.02.0*2.53.03.5816.0056.25
7Azerbaijan82332.02.01.53.01.51.5*3.02.0716.5058.50
8India82151.51.01.52.01.01.0*2.52.5513.0028.00
9Israel82150.52.51.50.00.52.01.5*3.0511.5035.75
10Egypt80080.50.51.51.01.00.51.51.0*07.500.00

Ningún comentario:

Publicar un comentario