Rusia 2,5 - Ucrania 1,5 -- Foto da web oficial |
A vitoria de Karkajin deulle a Rusia un 2,5-1,5 diante de Ucrania, para seguir como líder do torneo. Kramnik escapou de Ivanchuk, que con peón de vantaxe non puido gañar e quedouse case media hora sentado el so diante do taboleiro lamentando non haber atopado o camiño gañador. O empate entre Azerbaijan e China fai que os rusos aumenten a vantaxe. Armenia recupera terreo tras gañar a Uzbekistan, o mesmo que Estados Unidos con Macedonia. Importante vitoria de Alemania sobre Hungría e importantísima a de Filipinas sobre Inglaterra.
España xogaba no torneo "open" contra Israel. No segundo taboleiro Illescas saiu de excursión coa dama, perdeu tempos no desenrolo e foi rápidamente derrotado por Rodshtein. Salgado quedaba con peón de menos nun final de torres contra Sutovsky, Vallejo estaba a intercambiar golpes tácticos con Gelfand e Pérez Candelario facía equilibrios para manter a posición en pe diante de Postny. Salgado non foi quen de defender a posición e perdeu, e o mesmo pasoulle a Candelario. Vallejo rematou empatando e completando un desastroso 0,5 - 3,5 que afasta calquer posibilidade de facer algo de cara a clasificación final.
No torneo feminino China gañoulle ben a Polonia, e ponse na cabeza en solitario, porque Rusia empatou con Ucrania, onde a vitoria escapouse no primeiro taboleiro nunha partida que estaba gañada e rematou en táboas. A India gañoulle a Vietnam, e Georgia empatou con Serbia.
O equipo feminino español estaba na terceira mesa, xogando contra Francia para seguir optando a levarse unha medalla. Alexandrova fixo táboas nunha partida que sempre estivo equilibrada na segunda mesa, o mesmo que Sabrina Vega na terceira mesa. Matnadze tivo gañada a partida diante de Skripchenko, pero perdeu a vantaxe, e despois a partida. Yudania Hernández tamén tivo posibilidades de gañar, pero non acertou e logo perdeu por regalar un tempo nun final de torre e peón de torre contra torre. Dun posible 3-1 a cousa rematou en un 1-3 que deixa máis lonxe unha medalla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario