Na rolda final tivemos a vitoria de Anand sobre Vallejo, que permitiu ao campión mundial evitar a derradeira praza. As outras partidas, Nakamura - Carlsen e Ivanchuk - Aronian, remataron en táboas, o que fixo que o gañador do torneo tivese que decidirse a rápidas entre Ivanchuk e Carlsen.
Na primeira partida de desempate Carlsen obtivo vantaxe posicional sobre Ivanchuk, que tivo que acabar cedendo calidade. Pero o ucraniano atopou contraxogo que forzou chegar a un final de torre contra cabalo no que acordaron táboas.
A segunda partida foi unha española na que Ivanchuk decidiu cerrar a posición e quedarse atrás, tal vez esperando obter unha vantaxe de reloxo que puidese darlle a vitoria. Chegou a ter dous minutos de vantaxe, pero Carlsen foi capaz de aumentar a presión sobre o rei branco ata que aplastou ao rei de Ivanchuk. Isto facía que o noruegués resultase o campión do torneo.
A posición final. Se 40.Rg1 Cxh3. A 41.gxh3 viría 41...Dxg1#. Na mellor variante as brancas reciben mate en 7.
Ningún comentario:
Publicar un comentario