Despois da boa actuación do ano pasado no Maxistral Cidade de Barcelona, na que tivo que conformarse ca segunda praza, nesta edición o GM Iván Salgado logrou un gran éxito tras acadar a primeira praza e ser o gañador do torneo. Empatou a puntos co GM americano Yasser Seirawan, un dos máis fortes mestres de finais dos 80 e principios dos 90, pero con mellor desempate. Na terceira praza quedou un habitual dos torneos abertos, o GM Spraggett. O torneo foi un pechado de categoría XIV, onde o favorito, o GM Smirin (2678) soamente foi quen de facer o 50% dos puntos.
Salgado - Peralta. Imaxe de Chessbase |
Ningún comentario:
Publicar un comentario