Xa temos os primeiros tropezos dos mellores no torneo, que é o máis interesante das primeiras xornadas nos torneos open. O GM letón Shirov cedeu táboas con brancas diante do MI Lyrberg, e Sutovsky foi derrotado tamén levando brancas polo MI Nanley Craig. O GM Gupta perdeu co MF Kuipers e o GM Iturrizaga cedeu táboas contra outro MF, Ansell Simon.
Na segunda rolda imos ter enfrontamentos interesantes, con moitas partidas entre GM's. O máis salientable, na primeira mesa a lenda dos oitenta Yussupov levará brancas diante de Svidler. Na cuarta teremos un Almasi - Korchnoi.
Web oficial.

Ningún comentario:
Publicar un comentario