Carlsen recuperou a vantaxe que levaba Aronian grazas a gañar a Gelfand, mentres que o armenio empatou con Ivanchuk. A medio punto deles queda Radjabov. As outras vitorias da xornadas foron as de Kamsky e Karjakin sobre Navara e Topalov.
No grupo B Harikrishna mantén o punto sobre Motylev e no C Turov empatou e agora a súa vantaxe sobre Tikkanen é de medio punto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario