No grupo A tivemos a derrota de Ivanchuk que viu como Gelfand o superaba con negras. Pouco despois de perder o ucraniano, na sorpresa da rolda, Aronian con brancas esvaraba co colista Navara. Carlsen gañaba a Topalov salvando unha partida perdida. Radjabov e Caruana cumprían tamén e agora temos a Aronian con sete e medio, Carlsen e Radjabov con sete e Caruana e Ivanchuk con seis e medio. Quedan dúas partidas e mañá teremos a Radjabov contra Ivanchuk.
No grupo B Harikrishna saiu derrotado do encontro con Ernst, e tivo sorte que os de detrás non estiveron finos, polo que segue en cabeza en solitario. Pero a medio punto del L'Ami e Motylev. Bruzón segue a un porque perdeu e non recortou.
No C Tikannen venceu de xeito brillante a Grover, aproveitando as táboas de Turov para empatar con el na cabeza. Adhiban está a un punto deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario