sábado, 28 de xaneiro de 2012

- Wijk Aan Zee 2012 (R12) Aronian con vantaxe para a derradeira rolda

As táboas de Carlsene e Radjabov deixan a Aronian con todo a favor para a derradeira rolda. O armenio venceu a Gelfand grazas aos apuros de tempo do aspirante ao título de Anand, que deixouse a partida nunha posición igualada. Carlsen levará as pezas negras diante de Van Wely, e terá que estar a expectativa do encontro estrela que pechará o torneo: Aronian - Radjabov. As táboas de Ivanchuk deixan ao ucraniano fora da loita, e o mesmo pode dicirse de Caruana.
No grupo B o medio punto de Harikrishna sobre L'Ami e Motylev danlle moitas opcións de gañar a proba. Levará brancas mentres os outros candidatos terán pezas negras. O cubano Bruzón ten remotas opcións de empatar na cabeza.
No C tras gañar os dous da cabeza o campión decidirase entre eles dous. Os dous terán brancas, Tikkannen diante de Tania Sadchev e Turov xogará contra Etienne Goudriaan. En principio o rival de Turov é o máis asequible do grupo, pero soamente leva medio punto menos que o de Tikannen.
As partidas da derradeira rolda comezarán hora e media antes do habitual, polo que a primeira hora do serán teremos campións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario