O armenio Levon Aronian consolidou a primeira praza do Tata Steel gañando na décima partida ao holandés Giri. Ten agora sete puntos e medio e a un punto, grazas a vencer a Navara, está Ivanchuk. A punto e medio a falta de tres por xogarse temos a Carlsen e a Radjabov. Pecha a táboa Navara con dous e medio.
No grupo B tode segue igual con Harikrishna na cabeza mentres que no C a sorpresa foi a derrota do líder Tikannen que fixo que Turov recuperase a cabeza con medio de vantaxe sobre o sueco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario