A partida máis importante da rolda, Aronian - Radjabov rematou en doce xogadas por repetición. Ao armenio as táboas dábanlle a primeira praza, pero o azerí renunciou a ser o gañador sen dar a máis mínima batalla, nunha actitude moi triste. Carlsen tiña que sair a gañar con negras e defendeuse ca holandesa ante o holandés Van Wely, buscando un xogo complicado dende o prinicipio. Van Wely xogou moi preciso, sen entrar en pelexas tácticas, e pesares de que Carlsen acabou gañando un peón o final de bispos de distinta cor non daba para máis que táboas. Con todo isto Aronian quedou campión en solitario. Dos que non se xogaban nada máis que mellorar a posición final houbo varios empates sen interese. Soamente quixeron xogar Caruana, que venceu a Gelfand e así alcanzou ao grupo dos segundos, e tamén Kamsky e Topalov, dous xogadores con algunha conta pendente e onde gañou o americano.
No grupo B Harikrishna apañou un empate moi útil grazas ao empate dun dos que podía cazalo, Motylev, e a derrota do outro, L'Ami. Dese xeito o indio quedou campión en solitario deste torneo e gañou o dereito a xogar o ano que ven no torneo absoluto. O beneficiado da xornada foi Bruzón, que gañou para empatar na segunda praza con Motylev.
No C Turov deu unha lección de como un cabalo pode ser superior a un bispo nun final, mentres Tikannen pasou apuros contra Sachdev e acabou empatando, dando o trunfo en solitario ao ruso. Adhiban e Brandenburg empataron na terceira praza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario