Francia, Italia, Inglaterra, Portugal... Os países cercanos ao noso están a participar neste torneo. Pero non hai xogadores españois, nin explicación da FEDA desa circunstancia.
O torneo estase a xogar en Caldas Novas (Brasil) que non parece un mal lugar, do 17 ao 27 de novembro. As categorias van dende Sub-18 ata Sub-8, con intervalos dos dous anos. Hai que destacar a presenza da peruana Deyse Cori na categoría absoluta Sub-18, non na feminina. aínda que tras catro partidas non lle está a ir moi ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario