venres, 18 de novembro de 2011

- Memorial Tal 2011 (3R) Catro líderes

Unha nova xornada do torneo que estase a xogar en Moscú, que nos deixa catro líderes con dous puntos: Carlsen, Nepomniachtchi, Aronian e Karkajin. Pechando Gelfand con medio.
Anand con brancas non conseguiu nada na apertura contra Nepomniachtchi, que forzou un xaque continuo no medio xogo nunha partida aburrida. Aronian venceu con negras a Ivanchuk empregando a defensa berlinesa na española. Nunha posición máis ou menos igualada o ucraniano empezou a cometer imprecisións ata chegar a un final de torres perdido. O encontro Kramnik - Carlsen foi unha partida interesantísima, chea de golpes tácticos, onde Carlsen chegou ata a facer un sacrificio de calidade posicional, e rematou en táboas nunha repetición de xogadas nunha posición moi complicada. Svidler conseguiu a súa segunda vitoria tras gañar a Nakamura. O ruso deixouse unha calidade polo camiño, pero o americano mandoulla de volta pouco despois ademáis de quedar nun final perdido. Gelfand sufriu a súa segunda derrota, esta vez diante de Karjakin nunha partida onde os dous reis estiveron en perigo, pero o de Gelfand foi o que acabou pagando.
Os enfrontamentos de mañá:
4. Ronda el 2011/11/19 a las 15-00
M.No.NombreResultadoNombreNo.
110GMCarlsen MagnusGMKariakin Sergey7
28GMSvidler PeterGMGelfand Boris6
39GMNepomniachtchi IanGMNakamura Hikaru5
41GMAronian LevonGMAnand Vishvanatan4
52GMKramnik VladimirGMIvanchuk Vasily3

Ningún comentario:

Publicar un comentario