A chinesa Yifan Hou fixo táboas ca aspirante Humpy Koneru conservando tres puntos de vantaxe cando faltan dúas partidas para rematar o match, polo que xa é virtualmente a gañadora do mesmo e seguirá a ser a campiona mundial.
Nesta oitava partida a aspirante tiña que gañar e para iso contaba cas pezas brancas, pero non conseguiu nada contra a defensa Ragozin sa chinesa, que levou a partida a unha situación de cambios masivos e deixou un final de torres e peóns con poucas opcións de forzarse. Acordáronse táboas en 31 xogadas e o match decidiuse nese momento.
Nas oito partidas xogadas a campiona soamente demostrou que é unha xogadora moito máis sólida que a súa rival. Non fixo nada especialmente espectacular, pero non fixo falta porque os erros decisivos da aspirante foron suficiente para acabar co encontro.
Web oficial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario