xoves, 24 de novembro de 2011

- Memorial Tal 2011 (R8) Aronian ponse un paso diante para a derradeira rolda

O armenio Aronian venceu ao ruso Svidler e grazas a iso chega con cinco puntos, medio punto de vantaxe sobre os seus perseguidores, á derradeira rolda do torneo, na que terá que xogar con negras contra Nepomniachtchi, un dos que teñen catro puntos e medio. O numero un do mundo, Carlsen, levará brancas diante do colista, Nakamura, e tamén está a medio punto do líder. Os outros dous que están a medio punto, Karjakin e Ivanchuk, xogarán entre eles.
Esta será a rolda completa, que comezará en Moscova ás 12:00 hora galega.

9. Rolda o 2011/11/25 ás 13-00
M.No.NomeResultadoNomeNo.
15GMNakamura HikaruGMCarlsen Magnus10
26GMGelfand BorisGMAnand Viswanathan4
37GMKarjakin SergeyGMIvanchuk Vassily3
48GMSvidler PeterGMKramnik Vladimir2
59GMNepomniachtchi IanGMAronian Levon1

Web oficialResultados en ChessResults.

Ningún comentario:

Publicar un comentario