Unha derrota de Arizmendi e as táboas nos outros tres taboleiros fixeron que España perdese pola mínima con Armenia, que non é mal resultado pero que resta moitas posibilidades de medalla. Agora ó líder é Romania, que ten os mesmos puntos que Azerbaijan e Bulgaria. Rusia, a cabeza de serie nº 1, segue sen levantar cabeza e está detrás de España na táboa clasificatoria.
No torneo feminino España empatou con Croacia. Rusia cedeu un empate con Polonia, pero segue primeira en solitario, con Ucrania a un punto e Polonia a dous.
Ningún comentario:
Publicar un comentario