Carlsen, Ivanchuk e Nepomniachtchi levan unha vitoria e un empate, o que fai que sexan os mellores clasificados do super-torneo do ano. Pechan a táboa Svidler, Gelfand e Kramnik con medio punto. No medio o resto de estrelas Anand, Aronian, Nakamura e Karjakin que firmaron dúas táboas.
A web oficial non é moi boa, toda en ruso polo que non hai quen se aclare, e o tradutor escribe cousas pouco fiables. Pero pódese descifrar que na páxina www.rusiachess.org retransmiten as partidas con comentarios de Sutvsky, en ruso, claro. Pero as imaxes deben ser boas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario