luns, 14 de novembro de 2011

- Match Yifan Hou - Humpy Koneru (1ª) Táboas na primeira partida

Na capital de Albania comenzou o match polo título mundial entre a actual campiona Yifan Hou e a aspirante a india Humpy Koneru. Consta de dez partidas a ritmo FIDE, e se rematan igualadas haberá un match rápido de desempate.
O inicio do match - Foto da páxina oficial
Na primeira partida Koneru levaba brancas e plantexou unha catalana. Foi unha partida estratéxica, sen ataques importantes, e pronto cambiáronse pezas para pasar rápidamente da apertura ao final, nesta ocasión de torre contra torre. No medio xogo parecía que Hou podería ter vantaxe para ese final por ter maioría no ala de dama. Pero a xogadora india entrou nese final gañando un deses peóns, e quedou con un de vantaxe para tentar gañar a partida. Pero tres contra dous no mesmo flanco son táboas, que foron acordadas despois de que Koneru decidira perder o tempo tentando forzar a situación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario