O equipo español conseguiu unha vitoria pola mínima na primeira xornada do torneo, grazas aos puntos completos de Vallejo e Salgado. Illescas empatou e Shirov saiu derrotado ante o MF Gretarsson. Na seguinte rolda o rival será Serbia.
Non houbo sorpresas nesta primeira rolda, aínda que Rusia soamente conseguiu gañar 2,5 - 1,5 a Modavia e podería pensarse que é unha. Ucrania, Armenia e Israel, equipos que sempre loitan polas medallas comezaron forte e gañaron de xeito doado os seus enfrontamentos. Na cabeza do torneo agora están Romania, Serbia e Grecia, que xogaban cas peores seleccións do torneo e conseguiron meterlles un 4-0.
No campionato feminino non houbo tampouco sorpresas. España gañou o seu encontro a Montenegro por 1-3, con vitorias de Alexandrova e Lucía Pascual. Táboas de Sabrina Vega e Calzetta.
No campionato feminino non houbo tampouco sorpresas. España gañou o seu encontro a Montenegro por 1-3, con vitorias de Alexandrova e Lucía Pascual. Táboas de Sabrina Vega e Calzetta.
Web oficial. Resultados en ChessResults
Ningún comentario:
Publicar un comentario