Novamente moitas táboas, aínda que a maioría están a ser partidas con loita. Pero polo menos unha partida rematou con gañador. Foi a que Ivanchuk venceu a Nakamura, xogando cas pezas negras, na que rematou un final favorable de torres con un simple pero contundente golpe táctico. A partida máis interesante da xornada era a que xogaba o número dous do mundo contra o número un, pero novamente Anand foixo un xogo moi sólido e moi aburrido que levou a unha posición sen interese e sen posibilidades.
Agora na clasificación mandan Carlsen, Karjakin, Nepomniachtchi, Aronian e Ivanchuk, os cinco con catro puntos, que corresponden a gañar unha e empatar o resto. Quedan dúas roldas e polo tanto calquera pode ser o gañador, nun torneo pnde o último está a punto e medio do primeiro.
Web oficial. Resultados en ChessResults.
Ningún comentario:
Publicar un comentario