Unha nova vitoria, desta vez 3-1 contra Rumania, deixa a España na cabeza do torneo con 3 puntos empatada con Azerbaijan. Empataron os taboleiros impares, negras, Vallejo e Salgado. Os puntos completos foron os de Shirov e Arizmendi. Na seguinte rolda enfrontamento na cumbre, Azerbaijan - España, buscando ser primeiro en solitario. No resto das partidas Rusia non pasou do empate ante Holanda, o mesmo que Holanda ante Inglaterra. Ucrania deu conta por 3-1 de Croacia e está terceira na táboa clasificatoria.
No torneo feminino España conseguiu un abraiante 4-0 ante Azerbaijan, un país moi competitivo, que deixa as españolas na sexta praza cerca das medallas. Mañá toca Francia, que ten un equipo moi duro e que leva tamén catro puntos como España. Rusia recuperou a cabeza tras meterlle 4-0 a Rumania, e agora está empatada con Ucrania e Georgia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario