A campiona mundial deu o primeiro paso para reter a súa coroa tras vencer cas pezas negras a aspirante. Hou defendeuse con unha defensa antiga, a Ragozin, no gambito de dama. Koneru tratou de obter a iniciativa con un ataque no ala de rei, pero non sacou nada agás cargarse de tempo, e mentras facía iso as pezas negras apoderaronse da iniciativa no centro do taboleiro. A presión da chinesa foi aumentando forzando un erro grave da india, e tras os cambios entrouse nun final de torres con dous peóns pasados, ligados e avanzados no centro que fixeron as brancas abandonar, ca máquina anunciando mate en 18.
Imaxe da páxina oficial. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario