luns, 7 de novembro de 2011

- Europeo de seleccións (5R) España tropeza con Grecia

Unha derrota de Arizmendi fixo que España perdese o encontro contra os gregos. Vallejo, Shirov e Salgado fixeron táboas, e habería que valorar cal foi o motivo de non loitar nas partidas nas que se levaban as brancas. Mañá tocará un óso, Armenia, que ven remontando. Na xornada quedou claro o bo momento dos búlgaros, que mallaron en Alemania 3-1 e son agora os líderes en solitario con 9 puntos. Detrás deles Romania, Azerbaijan, Francia e Armenia con 8.
No campionato feminino España perdeu con Holanda, nun torneo no que agora manda Rusia en solitario tras derrotar pola mínima as georgianas. Detrás delas Polonia e Ucrania. Na sexta rolda España terá unha oportunidade para recuperarse se gaña a Croacia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario