VI Memorial Tal |
Na quinta rolda do torneo non cambiou nada na clasificación porque todas as partidas remataron en táboas, pero a rolda foi ootra vez moi boa, con partidas moi interesantes. Quizáis a que menos foi a Anand - Kramnik, con un xogo moi sólido dos dous que levou a partida sen sobresaltos a un final de bispos de diferente cor sen xogo para ninguén. Na partida Nakamura - Aronian o americano xogou "ao Nakamura", que fai que as posicións sexan caóticas, e tras multitude de golpes tácticos chegouse a un final de torres igualado. Carlsen con negras logrou chegar a un final onde estaba máis activo que Ivanchuk, pero non foi quen de forzar a defensa do ucraniano. A destacar a divertida ocurrencia de sacrificar unha peza para rematar a partida, forzando o seu propio afogamento nunha posición ben curiosa. Gelfand e Nepomniachtchi buscaron dar mate ao rival toda a partida, pero non o conseguiron e tiveron que conformarse con empatar. Karjakin sacrificou peza para facer dar unha volta ao taboleiro ao rei de Svidler, que rematou a partida paseando de h5 a g5, pero non había mate e deu xaque contínuo para non seguir a partida con inferiorodade de material.
Ningún comentario:
Publicar un comentario