Xogan as negras. A campiona atopa un mate rápido. |
A segunda vitoria da campiona Yifan Hou chegou hoxe despois doutro desastre no medio xogo da aspirante Humpy Koneru. A india sacrificou un peón na apertura, quedando mellor pola gran actividade da súa parella de bispos, e facendo que a campiona gastase moito tempo. Pero a iniciativa que tiña non foi a máis, e soamente recuperou o peón, quedando o xogo moi igualado. Unhas xogadas despois cometeu un erro que permitiu a chinesa, que andaba moi apurada de tempo, tomar o mando poñendo en perigo ao rei branco. E de súpeto, en duas xogadas terribles, Koneru pasou de estar peor a recibir mate imparable.
O match está agora 4-2 a favor da campiona, cando faltan catro partidas para rematar, polo que a aspirante terá que gañar dúas das que faltan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario